
MOBILIDADE EFICIENTE E SOSTIBLE
O transporte é o sector que máis enerxía consume en España, alcanzando un 40 % do total nacional. Soamente os turismos representan o 18 % do consumo enerxético total do noso país. E do parque total de automóbiles, tan só algo máis do 5 % se nutre de fontes renovables.
Nas cidades, a mobilidade caracterízase pola dependencia do coche, que consume moito espazo e enerxía e ten importantes deficiencias en tres ámbitos: o económico (un alto custe do transporte), o social (xera exclusión social e territorial) e o medio ambiental (afecta á calidade do aire e á saúde das persoas). Se a isto lle engadimos a conxestión do tráfico, tradúcese en máis tempo perdido en desprazamentos, máis enerxía desperdiciada e un aumento do estrés, o cansazo e a irritabilidade.
É necesario fomentar un uso máis racional do coche, reducir a necesidade de desprazamentos e incentivar o uso de modos de transporte máis eficientes. Estes son, por orde, o desprazamento a pé, na bicicleta ou o patinete, o transporte público e, en último lugar, a moto e o coche privado.
Son tres os piares fundamentais da transición enerxética cara a un transporte máis eficiente e sostible:
- Unha mobilidade urbana con menos dependencia do coche, que reduza o consumo de combustibles fósiles e o impacto medioambiental e recupere os espazos para o cidadán.
- A progresiva electrificación dos vehículos: bicicletas, patinetes, motocicletas e coches eléctricos, enchufables e de pila de combustible (para iso desenvolvéronse os plans MOVES).
- A condución eficiente. Se non queda máis remedio que usar o coche, polo menos facelo sen malgastar combustible.

Mobilidade:
A mobilidade eficiente e sostible é o desprazamento de persoas e mercadorías de forma eficiente (é dicir, logrando os mesmos resultados co mínimo posible de recursos) e sostible (que se pode manter durante longo tempo sen esgotar os recursos e sen causar grave dano ao medio ambiente). A mobilidade urbana refírese aos desprazamentos que se producen na cidade.
CONSELLOS P Calcúlase que camiñar 25 minutos ao día engádenos ata sete anos máis de vida. E que pedalear 8 quilómetros en bici para ir ao traballo catro días por semana evita 750 kg de emisións de CO2 anuais.
ARA A MOBILIDADE URBANA
CONSELLOS DE MOBILIDADE ELÉCTRICA
- Aproveita as axudas directas (Plan MOVES III) para adquirir vehículos eléctricos e híbridos enchufables, así como para instalar puntos de recarga.
- Cada vez existen máis vehículos sostibles: coches, motos, bicicletas e patinetes eléctricos son boas alternativas para moverse pola cidade.
- Ademais, son medios de transporte silenciosos, libres de emisións, fiables e sinxelos de manter.
- Pensa no medio ambiente: a concienciación xerou un cambio cada vez máis a favor da mobilidade sostible nos cidadáns.

Un automóbil eléctrico gasta moito menos ca un convencional. Aínda que as comparacións oscilan en función dos prezos da electricidade e do litro de combustible, de media recorrer 100 km custa uns 2 € nun coche eléctrico, seis veces menos ca un de gasolina ou diésel!
CONSELLOS PARA
UNHA CONDUCIÓN EFICIENTE
- Apaga o motor en paradas que duren máis de 60 segundos (se o teu coche non o fai de xeito automático).
- Arrancar é fundamental para aforrar. Non deas aceleróns nin agardes a iniciar a marcha tras o arranque.
- Usa a 1.ª marcha só para comezar a moverte e cambia a 2.ª tras un par de segundos.
- As marchas longas son esenciais para aforrar carburante. Cambia canto antes e circula a poucas revolucións.
- Fai rapidamente os cambios de marcha. Evitarás perder velocidade e ter que volver a acelerar.
- Se conduces un coche de cambio automático con distintas opcións, escolle o modo económico.
- Mira a estrada o máis lonxe posible para anticipar freadas ou aceleracións.
- Mantén unha velocidade constante, evitando perdas de enerxía cinética e aproveitando ao máximo as inercias do vehículo.
- Para desacelerar, deixa rodar o coche coa marcha engrenada nese instante para despois frear. Se as condicións de condución o permiten, é mellor deter o coche sen reducir.
- Evita as aceleracións bruscas e as altas revolucións (procura non pasar de 2500 rpm nun coche gasolina e 2000 nun diésel).
- Revisa a presión dos pneumáticos: se é moi baixa consumirás máis.
- No deixes instaladas bacas, porta equipaxes, cofres… Móntaos só cando os precises.


Fuentes de los datos: IDAE y otros organismos oficiales